martes, 28 de diciembre de 2010
Os teus nenos non teñen que ser unha carga durante estas festas de Nadal
Máis de medio cento de nenos ordenses participan nas actividades de conciliación organizadas pola concellería de Educación
Co fin de facilitar a conciliación da vida laboral e familiar das familias ordenses
Coa chegada do Nadal o Concello de Ordes puxo en marcha, a través da concellería de Educación, Mocidade e Discapacidade, que dirixe Silvia Marín, unha nova edición do programa “Conciliar será fácil e divertido”.
Unha nova edición que daba comenzo o pasado día 23 de decembro e na que participan máis de medio cento de nenos e nenas ordenses. Trátase de actividades dirixidas aos pequenos do municipio nas mañás das vacacións de Nadal, co fin de facilitar a conciliación da vida laboral e familiar das familias, á vez de que os nenos e nenas participantes teñan un tempo de diversión e ocio con xogos e obradoiros.
As actividades terán lugar ata o 7 de xaneiro en horario de 9 a 14 horas e están dirixidas a nenos e nenas escolarizados en educación infantil ou primaria no curso 2010/2011, que deberon realizar a súa inscrición con anterioridade.
A frase de Silvia Marín, concelleira de Educación de Ordes
"Con estas actividades procuramos facilitar ás familias ordenses a conciliación entre o traballo e a vida familiar nuns días nos que os pequenos teñen vacacións escolares o que dificulta aos pais o seu coidado ao ter que compaxinalo co seu traballo”
*
Protagonistas:
Silvia Marín