viernes, 10 de diciembre de 2010

Preto dun cento de maiores ordenses participan nas actividades da terceira idade

Con clases de ximnasia, talleres de memoria, manualidades e teatro

Preto dun cento de maiores ordenses están a participar dende comenzo do mes de novembro das actividades dirixidas á terceira idade que puxo en marcha o Concello para este curso.

Nesta ocasión as actividades ofertadas para os maiores foron as de ximnasia, taller de memoria, manualidades e teatro, coas que se pretende, tal e como explicou o edil de Servizos Sociais e Terceira Idade, Xosé Manuel Tobío, “cubrir o tempo de ocio dos nosos maiores, e algo máis importante todavía, conseguir que todas estas persoas manteñan activas as súas cualidades tanto físicas como intelectuais”.
 As actividades teñen lugar durante os diferentes días da semana no local cultural e o local da terceira idade de Ordes, así como nos locais de todas aquelas parroquias onde houbo interesados en participar.




*