martes, 21 de diciembre de 2010

Os pequenos deron a benvida aos paxes reais


Os representantes das Súas Maxestades Os Reis Magos aproveitaron a vista para convidarnos a todos á Cabalgata do día 5 de xaneiro polas rúas e prazas de Ordes

Os paxes reais acudiron esta mañá á Escola infantil Sorrisos co fin de visitar aos nenos e nenas ordenses. Unha visita á que os máis pequenos respostaron entregándolles as cartas con todo o que piden aos Reis Magos.

Aínda que hoxe foron os nenos da escola infantil os que recibiron esta visita, xa no día de onte os paxes reais non quixeron deixar aos pequenos das parroquias sin a súa grata sorpresa, visitando tamén as diferentes escolas unitarias do municipio.

Os paxes reais animaron aos pequenos a que participen o próximo 5 de xaneiro na Cabalgata de Reis que terá lugar no municipio.

*