miércoles, 8 de diciembre de 2010

Nova sesión dos Venres Saudables: Hipertensión

Será o venres 17 de decembro ás 20:30 h, no salón de actos do Museo do Traxe Juanjo Liñares

O Concello de Ordes, a través do programa dos Venres Saudables que leva a cabo a concellería de Sanidade, invita a tódolos seus veciños á charla gratuita sobre a hipertensión arterial que realizará o vindeiro venres 17 de decembro de 2010 ás 20.30 h no Salón de Actos do Museo do Traxe Juanjo Liñares de Ordes coa colaboración da Asociación Galega de Dietistas-Nutricionistas e que correrá a cargo de Patricia Beiro, vocal de Pontevedra da Asociación.

Calcúlase que máis de 10 millóns de persoas sufren hipertensión arterial (HTA) en España aínda que só o 30 % dos pacientes está controlado e tratado adecuadamente por un especialista.

Neste sentido, o tratamento temperá da hipertensión disminúe o risco de padecer infarto de miocardio e ictus xa que permite actuar sobre o paciente antes de que se danen os "órganos diana". A alimentación é un importante complemento do tratamento médico. Ambos xogan un papel fundamental no control da presión arterial do paciente hipertenso.

Podes ver un video sobre a hipertensión realizado polo programa de televisión de México, Buen Vivir.



A frase de Xesús Pedreira, concelleiro de Sanidade de Ordes
"O obxectivo desta charla é concienciar á poboación hipertensa sobre a importancia que ten seguir o tratamento e realizar un diagnóstico precoz que permita reducir as máis de 45.000 mortes anuais que se cobra de forma directa a hipertensión en España"

*