Xesús Pedreira xa confirmara o investimento de Medio Rural días atrás
A Delegada Provincial da Consellería do Medio Rural, Olga García, acompañada de técnicos da Consellería manterán unha reunión cos veciños afectados pola toma de posesión provisional das fincas de reemplazo da concentración parcelaria de Barbeiros-Vilamaior.
As reunións terán lugar o vindeiro xoves, 4 de decembro, ás 10:30 h. na escola de Vilamaior e ás 11:30 h. no local social de Barbeiros.
Por outra banda, o BNG de Ordes tamén informa da xuntanza mantida polo seu voceiro municipal, Gonzalo Castro, e a delegada provincial, na que esta ven de confirmarlle que a Consellería destinará 90.000 euros para obras do Plan Estratéxico de Investimentos no Medio Rural (PEIM), que se executará no ano 2009. Ademáis, o grupo anuncia que ten previsto recoller as peticións e suxerencias das asociacións veciñais para incluir "a atención das necesidades reais do noso concello no PEIM".
Plan provincial de Medio Rural
Sen embargo, xa o goberno municipal días atrás -concretamente o 28 de novembro- anunciara, a través do concelleiro delegado de Medio Rural, Xesús Pedreira, a confirmación deste investimento que forma parte do PEIM no que participan moitos outros concellos da provincia. Pedreira xa declarara que trátase dunha axuda “que imos empregar para reparación e conservación de pistas en todo o municipio”. TRas esa data abríase o prazo de trinta días que a Consellería imponlle ao Concello para seleccionar que pistas gozarán da intervención, e para elaborar o proxecto técnico das obras e para presentar toda a documentación correspondente dentro do prazo.
A frase de Gonzalo Castro"Coa celebración desta reunión aténdese unha petición realizada polos veciños ao BNG de Ordes, coa finalidade de que sexan informados dos trámites da toma de posesión provisional e se recollan as súas peticións en relación a cuestións que afectan ao deslinde e colocación dos marcos nas parcelas"
A frase de Xesús Pedreira
"É unha satisfación pola importante e necesaria aportación realizada pola Consellería do Medio Rural para colaborar na conservación das pistas das distintas parroquias do municipio de Ordes"
*