lunes, 15 de diciembre de 2008

A exposición das árbores trasládase ao Centro Comarcal


Queda na carpa 'O Patrimonio marítimo de Galicia'

A Concellería de Medio Ambiente de Ordes vén de trasladar a exposición medioambiental “O Mundo das Árbores” da carpa da Alameda ás instalacións do Centro Comarcal de Ordes, onde poderá ser visitada ata o vindeiro 29 de decembro. Un traslado motivado “pola amplitude desta exposición, que mesmo facía pequena a carpa da alameda, e á disposición de espazo libre no Centro Comarcal, onde poderá contemplarse en todo o seu esplendor”, explica o concelleiro de Medio Ambiente, Xesús Pedreira.

A frase de Xesús Pedreira
"Na carpa da Alameda quedará a exposición “O Patrimonio marítimo de Galicia”, que poderá visitarse ata o vindeiro 19 de decembro. Trátase dunha mostra organizada pola Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial que recolle as actividades, oficios e modos de vida das xentes do mar. Está conformada por trece paneis con material informativo sobre as tradicións e “saber-facer” destas persoas, así como a súa fala, toponimia, arquitectura, utensilios, barcos, técnicas... que buscan dignificar o traballo no mar e conservar as súas tradicións”
*