.
Os investimentos, anuncia o portavoz nacionalista, "deberán ser destinados a proxectos de especial interese agrogandeiro e a infraestructuras de servizos básicos"
O portavoz municipal do BNG de Ordes, Gonzalo Castro, anuncia hoxe que a Consellería de Medio Rural acaba de aprobar o reparto por Concellos dos investimentos no Programa Estratéxico de Infraestruturas do Medio Rural (PEIM), para o periodo 2009-2010, que está dotado con máis de 55 millóns de euros.
O portavoz nacionalista manifestou que os investimentos deberán ser destinados a proxectos de especial interese agrogandeiro e a infraestructuras de servizos básicos e amosou a súa “satisfacción co feito de que a Consellería do Medio Rural teña decidido asignar a Ordes a cantidade de 250.000 euros, o que constitue o investimento máximo por Concello contemplado no programa”.
As frases de Gonzalo Castro
"Este investimento contribuirá a dinamizar a base productiva do medio rural, así como a mellorar os seus servizos”
"O BNG de Ordes recollerá as peticións e suxerencias das asociacións de veciños e os productores agrogandeiros para incluilas nas propostas do PEIM 2009-2010”.
*