viernes, 12 de diciembre de 2008

Rapaces do colexio Castelao xa saben o que é vivir nunha cadeira de rodas

Durante as clases de Educación Física, os pequenos tentaron facer vida normal sobre unha cadeira de rodas e ven os problemas que lles xurden

Según declarou a concelleira Silvia Marín, teñen previsto repetir a experiencia no colexio Campoamor e outros centros educativos

Os rapaces e rapazas do colexio Castelao participan estes días nun programa piloto de concienciación en materia de discapacidade posto en marcha polo Concello de Ordes, a Asociación de Discapacitados de Ordes (Adiscordes) e profesores do propio centro educativo. Un programa que consiste en que, durante as clases de Educación Física, “algúns dos rapaces rapaces montan nunha cadeira de rodas e intentan facer vida normal, seguindo aos seus compañeiros nas distintas actividades e se decaten das dificultades que lles xurden”, explica Antonio Morán, presidente de Adiscordes.
.
.
.
.

As frases de Silvia Marín, concelleira de Discapacidade
"Esta iniciativa xurdíu co gallo da celebración o pasado 3 de decembro do Día Mundial da Discapacidade como “un xeito de colaboración continua para que non nos lembremos das persoas con discapacidade nun único día, senón que sexamos conscientes durante todo o ano da situación destas persoas para tratar de que consigan a súa plena autonomía persoal en todos os ámbitos da súa vida”

“Pareceunos unha boa idea para tentar de concienciar aos máis novos e o máis probable é que traslademos tamén esta experiencia ao colexio Campomaior e a outros centros educativos de Ordes”

As frases de Iván Montes, coordinador do programa
“Os rapaces que van na cadeira de rodas danse conta de que non teñen capacidade para seguir o ritmo dos seus compañeiros e estos comproban como quedan fóra das actividades máis normais da vida diaria”.

“Os rapaces tenden a reaccionar ante estas situacións sendo moi sobreprotectores, polo que estamos a facer fincapé en que tampouco teñen que exceder, senon simplemente tratar de axudalos naquelo que precisen”

*