Estarán expostas durante todo este mes na carpa da Alameda
Foron inauguradas polo alcalde Manuel Regos, o tenente de alcalde, Xesús Pedreira, e o director de Caixa Galicia en Ordes, Angel Manuel Castro
O alcalde Manuel Regos e o tenente de alcalde e concelleiro de Medio Ambiente, Sanidade e Medio Rural, Xesús Pedreira inauguraron esta mañán dúas exposicións, que poderán ser visitadas polos veciños e veciñas do municipio ao longo deste mes de decembro na carpa da Alameda.
Organizada por Caixa Galicia
A exposición medioambiental “O Mundo das árbores” está organizada pola Obra Social de Caixa Galicia, que estivo representada polo director de zona e polo director de Caixa Galicia en Ordes, Angel Manuel Castro y el director de zona, José Antonio Seoane. Trátase dunha mostra que pretende achegar aos cidadáns as especies máis emblemáticas da nosa flora. Está formada por máis dunha trintena de paneis fotográficos de gran formato, ademais de mostras de cortes de madeira nas que se poden apreciar os aneis de crecemento e os detalles da corteza.
'O Patrimonio marítimo de Galicia'
Por outra banda, a carpa da alameda acollerá ata o vindeiro 19 de decembro a exposición “O Patrimonio marítimo de Galicia”. Trátase dunha mostra organizada pola Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial que recolle as actividades, oficios e modos de vida das “xentes do mar”. Está conformada por trece paneis con material informativo sobre as tradicións e “saber-facer” destas persoas, así como a súa fala, toponimia, arquitectura, utensilios, barcos, técnicas... “que buscan dignificar o traballo no mar e conservar as súas tradicións”, explica Xesús Pedreira.
Ambas exposicións serán visitadas ao longo dos vindeiros días por escolares dos distintos colexios de Ordes, así como por todos aqueles veciños que se acheguen ata a carpa instalada na alameda, en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas.
Ambas exposicións serán visitadas ao longo dos vindeiros días por escolares dos distintos colexios de Ordes, así como por todos aqueles veciños que se acheguen ata a carpa instalada na alameda, en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas.
A frase de Xesús Pedreira
"É de gran importancia que supón para Ordes contar con dúas exposicións de tanto nivel como as organizadas pola Obra Social de Caixa Galicia e a Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial"
*