Manuel Regos: "Todos somos vulnerables e podemos contraer unha discapacidade en calquera momento da nosa vida"
Manuel Regos, Xesús Pedreira, Silvia Marín, Antonio Morán (Adiscordes), Carmen Iglesias y Francisco Viqueira apoian o manifesto "Por un mundo sen barreiras"
O Concello de Ordes conmemorou hoxe o Día Mundial da Discapacidade coa realización dunha serie de actividades de apoio aos discapacitados, un colectivo no que están incluidos un milleiro de persoas no municipio.
Durante un acto de homenaxe celebrado na Casa da Cultura, e na que participaron medio cento de persoas, o alcalde de Ordes, Manuel Regos, destacou a importancia de axudar entre todos á integración social dos discapacitados
Haberá unha Oficina Integral da Discapacidade
Pola súa banda, a concelleira delegada de Discapacidade, Silvia Marín, fixo fincapé na importancia da creación dunha Oficina Integral da Discapacidade en Ordes para garantir a accesibilidade aos servizos e incrementar as axudas dacordo coas necesidades de cada persoa.
Visita aos colexios Campomaior, Castelao e Mesón do Vento
Previamente a este acto conmemorativo, unha comitiva municipal visitou os colexios Campomaior, Castelao e Mesón do Vento, onde repartiron o conto “Ánxela fala cos seus ollos”, que conta a experiencia real sobre como vive unha nena con discapacidade, e un marcapáxinas da Oficina Integral da Discpacidade baixo o lema “Por un mundo sen barreiras”. Unha acción organizada pola Concellería de Discapacidade en colaboración coa Asociación de Discapacitados de Ordes (Adiscordes).
As frases de Manuel Regos, alcalde de Ordes
"A discapacidade é unha realidade humana que moitas veces esquecemos. Sen embargo estamos rodeados de persoas con limitacións importantes para as que non é fácil relacionarse nun mundo que está pensado só para persoas que non teñen discapacidades"
"Estamos do voso lado, queremos eliminar barreiras e axudarvos a que teñades unha integración sociolaboral plena. Porque sodes coma nós e, se todos queremos, podemos facer máis"
As frases de Silvia Marín, concelleira de Discapacidade
"As persoas con discapacidade necesitan conseguir a súa plena autonomía persoal dende todos os ámbitos da vida, non só á hora de realizar as súas tarefas diarias máis esenciais, senón tamén á hora de recibir unha formación adecuada que lles permita acceder ao mercado laboral ou a participar de forma activa na sociedade"
"Estas actividades son o inicio dunha colaboración continua, porque queremos que non só hoxe sexa o día mundial da discapacidade, queremos que tamén o sexan os outros 364 días do ano para que todos teñamos as mesmas oportunidades"
"O Goberno de Ordes ten o compromiso claro de emprender algunhas reformas, tales como a eliminación de barreiras arquitectónicas nas principais rúas da vila, o que facilitaría e incrementaría a saída á rúa de moitas persoas discapacitadas, co cal estariamos dando un paso importante como Concello que pretende e desexa un municipio sen barreiras, acorde cos novos tempos"
.
MANIFESTO “POR UN MUNDO SEN BARREIRAS”
Mírame ben.
Achégate un pouquiño máis
¿Que ves?
¿notas a diferencia?
SON COMA TI
Cos mesmos dereitos
Pero con máis deberes.
Para chegar onde estás ti
Teño que sortear moitos obstáculos.
E iso no é xusto
Porque eu teño barreiras que ti non tes.
Sen embargo, creerasme si che digo:
Que si me fago unha ferida, doime coma ti
Se estou triste, choro coma ti
Se estou alegre, sorrío coma ti.
Si é certo que me crees e pensas que son coma ti
¿por que non dou chegado ahí?
Mírame ben agora e di comigo:
¡POR UN MODELO DE EDUCACIÓN INCLUSIVO!
¡POR UN DESENVOLVEMENTO MAIOR DAS NOSAS HABILIDADES E CAPACIDADES!
¡POR UNHA INTEGRACIÓN PLENA NA SOCIEDADE E NO MERCADO LABORAL!
¡POR UNHA IGUALDADE REAL DE OPORTUNIDADES!
¡POR UN MUNDO SEN BARREIRAS!
PORQUE SON COMA TI,
¿NOTAS A DIFERENCIA?
Mírame ben.
Achégate un pouquiño máis
¿Que ves?
¿notas a diferencia?
SON COMA TI
Cos mesmos dereitos
Pero con máis deberes.
Para chegar onde estás ti
Teño que sortear moitos obstáculos.
E iso no é xusto
Porque eu teño barreiras que ti non tes.
Sen embargo, creerasme si che digo:
Que si me fago unha ferida, doime coma ti
Se estou triste, choro coma ti
Se estou alegre, sorrío coma ti.
Si é certo que me crees e pensas que son coma ti
¿por que non dou chegado ahí?
Mírame ben agora e di comigo:
¡POR UN MODELO DE EDUCACIÓN INCLUSIVO!
¡POR UN DESENVOLVEMENTO MAIOR DAS NOSAS HABILIDADES E CAPACIDADES!
¡POR UNHA INTEGRACIÓN PLENA NA SOCIEDADE E NO MERCADO LABORAL!
¡POR UNHA IGUALDADE REAL DE OPORTUNIDADES!
¡POR UN MUNDO SEN BARREIRAS!
PORQUE SON COMA TI,
¿NOTAS A DIFERENCIA?
*