"As súas maxestades os Reis Magos serán inmediatamente informados de todas as solicitudes dos nenos e nenas de Ordes", confirmaron os paxes
Os paxes confían en que SS.MM. sexan xenerosos con nenos e nenas ordenses, aínda que lles pediron un último esforzo por ser bós
Os tres Paxes Reais das Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente visitaron durante as mañáns de onte e de hoxe aos pequenos e pequenas da escola infantil Sorrisos e das distintas escolas unitarias de Ordes. Unha visita durante a que centos de rapaces e rapazas aproveitaron para entregar as súas cartas aos Reis Magos, algunha delas mesmo debuxada polos propios pequenos. A cambio, todos eles levaron un cucurucho con diversas larpeiradas.
*