Exclusiva: "Unión por Ordes (UxO) vai apoiar á candidatura de Pérez Touriño"
"Eu confío en que o presidente que temos, Touriño, repita"
Ordes ven de vivir un eufórico ano 2008. Un ano que pasará á historia municipal coma do comezo dunha nueva era. Nove millóns de euros serán insuflados nas nosas rúas, parroquias, edificios, escolas e estradas durante o 2009. Falamos co máximo mandatario municipal sobre pasado, presente e sobre todo futuro da vila. Regos concedeunos esta entrevista a poucos días da entrada do ano novo, e non quixo deixarnos sen darnos unha exclusiva como xa fixera fai uns meses coa remodelación enteira da Casa do Concello. Nesta ocasión, o rumor que xa estaba en boca de moitos nas rúas, hoxe por fin saiu da boca do propio alcalde. O ex popular e hoxe independiente Manuel Regos, pedirá o voto para o Partido Socialista de Pérez Touriño nas vindeiras eleccións autonómicas de marzo.
Vinte meses xa dun goberno en coalición no que aínda non saltaron as chispas entre os seus membros…
Non, a verdade é que estou moi contento de todos os meus compañeiros porque a xente ao principio non apostaba por nós pero demostramos que ante os intereses dos de Ordes non está os do partido. Demostramos tanto por parte de Terra Galega como Nel Astray, como PSOE e UxO que demos un cambio importante á política municipal, e así está que nestes primeiros vinte meses fixéronse grandes cousas.
Confirma, logo a boa sintonía do goberno municipal?
Hai un gran feeling entre todos e creo que este goberno vai para rato.
Hai un gran feeling entre todos e creo que este goberno vai para rato.
Hai xente que ten a seguridade de que o 'bo rollito' rematará na segunda parte da lexislatura, xusto despois das autonómicas de marzo...
Non, este goberno ten moi claro que, ademais xa o falamos entre nós, non sei se aquí hai compañeiros que van presentarse por outros partidos; de momento non sei nada, pero o que está claro é que as eleccións autonómicas non terán nada que ver co goberno municipal. No suposto de que algún vaia por outras listas eu teño claro que vou apoiar unha opción determinada, pero iso non vai implicar ruptura no goberno.

"Estamos encantados das subvencións que recibimos neste momento"
Terá moita actividade nas datas inmediatas ás eleccións de marzo?
Actividade en si non, pero nós dependemos moito das subvencións que recibimos. Está claro que Ordes en vinte anos que eu aínda formei parte do goberno, esas subvencións foron as que foron, e cun ano de goberno do PSOE na Xunta de Galicia estamos encantados das subvencións que recibimos neste momento.

Que sería o mellor para Ordes da xornada do 1 de marzo?
Eu espero que os veciños e veciñas de Ordes acudan a votar masivamente porque é un dos dereitos que temos, e para poder opinar antes hai que ir votar. Eu confío en que o presidente que temos, Touriño, repita e vai contar co meu apoio como é normal. Como di o refrán, é de ben nacidos ser agradecidos. Despois da inversión que están a realizar en Ordes creo que é normal que Unión por Ordes (UxO) vaia apoiar á candidatura de Touriño.
Cal é o gran reto para Ordes no 2009?
A creación dun gran polígono. Traer grandes empresas que crean traballo e crean riqueza. Queremos tamén que a vila creza coma está a crecer. Ordes é un dos poucos concellos de Galicia que está aumentando os seus habitantes. Estou convencido de que coa ubicación de grandes empresas en Ordes imos chegar a ser un dos municipios máis importantes de Galicia.
A súa política municipal estase caracterizando polo acercamento aos máis necesitados, principalmente discapacitados e terceira idade. Está satisfeito da labor das concellerías delegadas destes importantes colectivos?
Si, trátase dunha concellería de reciente creación onde está a miña compañeira Silvia Marín. A verdade é que estou encantado. Agora estamos xa en marcha coa posta a punto dun proxecto que xa fumos a coñecer a un colexio en Carballo xunto ao noso compañeiro Xesús Pedreira. Tratarase dun proxecto de discapacidade nun centro onde poidan acollerse persoas maiores de dezaoito anos, porque os menores xa está cubertos pola Xunta de Galicia. Nós queremos facer de dezaoito para arriba, e será un centro de formación e máis para xente que teña unha serie de deficiencias.
"A residencia da terceira idade está ao cen por cen da súa capacidade"
E que lle espera á terceira idade?
Temos unha residencia que neste momento está ao cen por cen da súa capacidade. Implantáronse unha serie de actividades que antes non había como ximnasia nas parroquias. Tamén solicitamos na entrevista que tiven co vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, un Centro de día porque pensó que Ordes merece un lugar asi tendo en conta a nosa poboación maior.

Temos datas concretas para ese Centro de día?
Tivemos a entrevista foi pouco tempo. Entregámoslle unha memoria e agora estamos pendientes de que nos contesten como temos que facer para levar adiante esta gran obra.
E como serán no futuro inmediato as relacións coa sempre conflictiva Sociedade Galega do Medio Ambiente (Sogama)?
As relacións de calquer goberno coas institucións ou grandes empresas deben ser sempre cordiais. Nós o que fixemos con Sogama, a través do noso compañeiro Suso Pedreira, foi ir a falar con eles e chegar a entendementos. O que está vindo para Sogama é o que estamos a xerar nós, as persoas humanas, que ten que ter un sitio para depositarse e despois reciclarse. O que pasa é que Sogama é unha industria molesta como é normal, e como poden ser outras, pero as nosas relación son boas. Xa é o segundo convenio que firmamos con eles, o primeiro dou moito de si e alí están as cousas que se fixeron sobre medio ambiente, onde somos un dos concellos pioneiros nestes temas.
"Este goberno quere o desvío de todos os camións pesados"
Logo que sucederá co tránsito dos seus camións polo centro da vila?
Este goberno quere o desvío dos camións, pero non só os de Sogama senón os camións pesados en si. O tráfico pesado de Ordes non é Sogama soamente. Nós temos plantexado á consellería un desvío provisional dende o polígono ata o acceso á autopista onde poderiamos desviar a maioría do tráfico pesado. Iso sería un gran éxito para nós e aí estamos.

A consellería de Innovación inaugurará en breve o WiMAX do polígono e agárdase pola posible asistencia do conselleiro Fernando Blanco...
As últimas novas que teño por parte do meu compañeiro Xosé Manuel Tobío Boquete son que creo que recibiu unha chamada precisamente hoxe do subdirector xeral, onde dixo que se vai inaugurar próximamente. A mediados do mes de xaneiro estará en funcionamento, pero a dia de hoxe non está nin temos nengún coñecemento. Din que vai vir o conselleiro, e espero que como é normal, invite ao goberno de Ordes.
Para cando estará rematada a nova Casa do Concello?
Creo que a mediados do 2010 poderemos estrear a nova Casa do Concello de Ordes. Pero non só iso senón tamén a nova Alameda, unha nova biblioteca, unha sala de exposicións permanente e vai a haber un museo novo. Tamén estará o Museo Juanjo Linares que inauguraremos nesas datas. De contar con nada cultural imos ter dous museos en poucas datas.

.
Sabemos que a estación de ferrocarril de Fosado non é competencia municipal, pero quedaránse de brazos cruzados ante esta fantasmagórica situación?
Por sorte ou por desgracia non temos competencia alguna neste sentido. Nós dende o goberno reclamaremos e que esa estación estea a andar do xeito que ten que ser.
Por sorte ou por desgracia non temos competencia alguna neste sentido. Nós dende o goberno reclamaremos e que esa estación estea a andar do xeito que ten que ser.
Tamén teremos próximamente un centro social no Campo da Feira. Como van as conversas coa consellería de Cultura e Deporte?
Efectivamente, o proxecto do Centro Social e de Xuventude está xa en marcha, onde ubicaremos tamén o local de ensaio municipal. Precisamente o 15 de xaneiro temos unha entrevista sobre o asunto coa conselleira Anxela Bugallo.

"O Partido Popular de Ordes está desencaixado"
Fáleme brevemente dos grupos da súa oposición…
Nova Alternativa non existe. O Partido Popular está desencaixado, e o Bloque pois segue nas directrices que lle marca o partido.
Fáleme brevemente dos grupos da súa oposición…
Nova Alternativa non existe. O Partido Popular está desencaixado, e o Bloque pois segue nas directrices que lle marca o partido.
Cales pensa que foron os mellores alcaldes de Ordes?
Para min todos os alcaldes tiveron unha parte positiva. Dende Antonio Concheiro, Manuel Viqueira, mesmo Martino tivo unha parte importante nos primeiros anos, se ben tantos anos gobernando xa se ve que o poder desgasta, e sobre todo nestes últimos anos do seu goberno, onde Ordes xa perdeu o tren.
Por que lle gustaría ser lembrado?
Pois por ser un ordense que vai a traballar arreo mentres dure o seu mandato.
.
Quen foi o seu mestre en política?
Meu irmán que se presentou no ano 1983 e que morreu ao mes. Foi unha persona moi querida e tiña unhas ideas para transformar a nosa vila. El, como digo, morreu ao mes seguinte, e iso foi o que me motivou a min á política, porque o certo é que nuna antes pensara en estar aquí.

"Son nove millóns de euros aprobados no 2008 e que imos investir no 2009"
Que foi o mellor do 2008?
A cantidade de investimentos que foron aprobados para realizar en Ordes. Son nove millóns de euros os que imos investir e que foron aprobados no 2008 para facer no 2009. Para min iso foi o máis importante xunto coa boa relación que temos coas administracións que é fundamental. A min e aos meus compañeiros recibíronnos cos brazos abertos en todos os lados.
Un desexo para este 2009…
Que todas as promesas que fixemos se cumpran.
*