jueves, 4 de diciembre de 2008

A delegada de Medio Rural xa estivo en Barbeiros

A Consellería do Medio Rural ven de informar do acordo da toma de posesión provisional das fincas da Concentración Parcelaria de Barbeiros-Vilamaior

Nota de prensa BNG-Ordes. 19.45 h.

O citado anuncio foi feito pola Delegada Provincial da Consellería de Medio Rural, Olga García, no transcurso dun acto informativo celebrado no día de hoxe nas parroquias de Barbeiros e Vilamaior, ao que acudiu acompañada do portavoz local do BNG, Gonzalo Castro.

No acto informouse dos trámites da toma de posesión provisional das fincas de reemplazo, salientándose o feito de que os propietarios disporán de seis meses para poder recoller a madeira das fincas que teñen aportado á concentración parcelaria.


Os técnicos da consellería chegan o martes
Do mesmo xeito, a Delegada salientou a necesidade de que os propietarios comproben a correcta colocación dos marcos nas súas parcelas, xa que, o vindeiro martes, 9 de decembro, ás dez da mañá na escola de Vilamaior e ás doce da mañá no local social de Barbeiros, técnicos da Consellería, acompañados de persoal da empresa encargada da colocación dos marcos, acudirán para atender as peticións que fagan os veciños para a colocación dos mesmos nas parcelas nas que se constate a súa falta.

Por outra banda, Olga García anunciou aos veciños a adxudicación das obras de execución dos camiños secundarios e de acondicionamento das fincas, por un importe de 769.991,98 euros, traballos que serán executados nos próximos meses.

O Portavoz Municipal do BNG, Gonzalo Castro, amosou a súa satisfacción polo feito de que a Consellería do Medio Rural, dirixida polo nacionalista Alfredo Suárez Canal, acordase a toma de posesión provisional das parcelas da Concentración Parcelaria de Barbeiros-Vilamaior e valorou “a incidencia positiva que ten a finalización da concentración parcelaria no desenvolvemento socioeconómico do noso concello, non só no referente as posibilidades de dimensionamento das explotacións agrarias, senon tamén respecto á creación e mellora das infraestructuras”.

Negociación Orzamentos Xerais do Estado
Así mesmo, Gonzalo Castro amosou a súa satisfacción porque “a Consellería do Medio Rural teña decidido invertir case un millón de euros na rede de camiños secundarios das Concentracións de Barbeiros-Vilamaior e de Buscás, partidas que proveñen dos máis de 100 millóns de euros conseguidos polo BNG na negociación dos Orzamentos Xerais do Estado para o 2008”.

*