.
As frases do alcalde Manuel Regos
O partido desputarase ás 21 horas no polideportivo Castelao 2 e as entradas custarán 3 euros
O Autos Lobelle de Santiago FS e o Muebles Jogafán de Ordes disputarán mañá mércores 17 de decembro un partido benéfico a prol da Cruz Vermella. Un encontro que terá lugar ás 21 horas no polideportivo Castelao 2 de Ordes e que este ano chega xa á súa cuarta edición. As entradas poderán mercase na taquilla do polideportivo Castelao 2 durante ese mesmo mércores ao prezo de tres euros, se ben a entrada é gratuita para os menores de 16 anos. Entre todos os asistentes sortearase dous reproductores MP3 e MP4, así como balóns de fútbol sala asinados polos xogadores do Autos Lobelle.
Co apoio unánime do goberno municipal
No acto de presentación celebrado esta mañá no salón de plenos do Concello de Ordes estiveron presentes os concelleiros de Deportes, Ramón Vázquez Raña; o tenente de alcalde e concelleiro de Sanidade, Xesús Pedreira, así como o presidente da Cruz Vermella en Ordes, Viriato Calvo; e o presidente do Muebles Jogafán, Gonzálo Iglesias.
Este partido benéfico está organizado polas concellerías de Deportes e Sanidade de Ordes, e conta coa colaboración da Cruz Vermella, da casa de xantar O Mesón de Deus e de Deportes Capitán.
As frases do alcalde Manuel Regos
"Animo a todos os veciños e veciñas da comarca a que acudan este mércores ao polideportivo Castelao 2 porque todo o que se recade irá a beneficio da Cruz Vermella e destinarase a xente que o necesita"
"En breve asinaremos un convenio de colaboración para disfrutar dunha axuda técnica por parte do Auto Lobelle, polo cal xogadores deste equipo se desprazarán a Ordes para impartir xornadas de formación teórica e práctica para os nosos xogadores”
A frase de José Antonio Lobelle, presidente del Autos Lobelle
"Poderán ver en directo a xogadores que estiveron participando no recente Mundial disputado en Brasil. É unha ocasión para ver ás estrelas do fútbol sala e, ademais, en beneficio das necesidades que existen na Cruz Vermella
A frase de Ramón Vázquez, concelleiro de Deportes de Ordes
"Animo a tódolos veciños e veciñas de Ordes a que participen nunha iniciativa solidaria a prol dunha entidade como Cruz Vermella, en especial, nestas datas de Nadal nas que todos nos sentimos un pouco máis sensibles cara estes temas e porque sabemos que a nosa aportación é moi importante para que os menos desfavorecidos poidan pasar un mellor Nadal”
A frase de Xesús Pedreira, tenente de alcalde de Ordes
“Se trata dunha oportunidade única para que os veciños e veciñas de Ordes poidan ver xogadores de talla internacional coma Carlinhos, Leitao ou Alemao”
*