viernes, 12 de diciembre de 2008

Cambiar o modelo económico é a terapia nacionalista fronte a crise


Gonzalo Castro propón a reforma e dinamización da praza de abastos e a construcción dun viveiro de empresas

O restaurante El Túnel acolleu a noite do xoves unha charla sobre o diagnose da crise económica e financieira dada por dous estandartes do nacionalismo galego: o sindicato CIG e a forza política BNG. Pola parte sindical estaba prevista a comparecencia do seu secretario xeral, Xesús Seixo, se ben por diversos motivos de última hora, este foi sustituído polo secretario comarcal de a Coruña, Paulo Carril. Por parte do Bloque, interviron a parlamentaria Ana Pontón e o portavoz municipal, Gonzalo Castro.

A opinión dos nacionalistas despertou interese na veciñanza a xuzgar pola boa entrada que tivo a sala do restaurante, en torno a unhas 70 persoas déronse cita no lugar.

Rechazo á "operación rescate" de Zapatero
Carril rechazou a "operación de rescate" prevista polo presidente Rodríguez Zapatero, a quen acusa de impoñer "unha política tan de dereitas coma a de Sarkozy en Francia". Criticou tamén duramente a inxección monetaria en empresas como Caramelo, "onde se deslocalizaou con diñeiro público y se despedirán 140 mulleres". O representante da CIG instou tamén ao presidente Touriño a que cambie a lei de caixas de aforro e "poñelas en realidade ao servizo dos galegos e galegas".
.
.
.

Podes ver a intervención de Carril facendo clic no vídeo baixo estas lineas.




Un viveiro de empresas e a reforma da praza de abastos
Pola súa parte, o anfitrión, Gonzalo Castro sinalou que esta crise "reclama respostas por parte dos poderes públicos" instando tamén ao "cambio a un novo modelo organizativo e de desenvolvemento económico" que aposte por explotar as "enormes potencialidades que ten a comarca e o concello de Ordes". Nese eido, Castro amosou a necesidade de construir en Ordes un viveiro de empresas que poida acoller en óptimas condicións aos emprendedores locais, e por reformar e vitalizar a praza de abastos, hoxe en día, según o nacionalista "totalmente desocupada".


Podes ver a intervención de Castro facendo clic no video baixo estas lineas.




"Cambiar as regras de xogo"
Pechou a conferencia a parlamentaria nacionalista Ana Pontón, quen dirixiu a súa intervención hacia á necesidade de cambiar "ese modelo económico neoliberal que lonxe de crear benestar, riqueza e igualdade entre os pobos, está creando destrucción [económica] en moitos países". A parlamentaria apostou por "cambiar as regras de xogo", refiríndose ao actual modelo económico, e criticando a politica bancaria de levar a cabo "prácticas totalmente arriscadas". Como solución, aportou o cambio de modelo no que os cartos de todos e todas non vaian ser dirixidos a salvar as malas prácticas do sistema financiero".


Podes ver a intervención de Pontón facendo clic no video baixo estas lineas.


*