Haberá un primeiro premio dotado de 500 euros
Os comerciantes terán de prazo de presentación de candidaturas ata o martes 23
Tal e como ven sucedendo dende fai uns anos en municipios como Santiago de Compostela ou Ames, o Concello de Ordes estrea hoxe a primeira edición do Concurso de Escaparates do Nadal, no que poderán participar todos os comerciantes que desenvolvan a súa actividade no termo municipal ordense. Un concurso que está dotado con 1.000 euros en premios (500 para o primeiro, 350 para o segundo e 150 euros para o terceiro clasificado).
Os comerciantes que estén interesados en participar deberán entregar a súa solicitude no Departamento de Emprego do Concello de Ordes antes do vindeiro martes 23 de decembro. O xurado visitará as decoracións dos establecementos a partires do luns 29 de decembro, entre as 18 e as 21 horas.
Quen valorará os escaparates?
O fará un xurado que estará composto polo alcalde, Manuel Regos; o concelleiro de Industria e Comercio, José Manuel Tobío; o concelleiro de Cultura e Deportes, Ramón Vázquez; un representante dos comerciantes; e un técnico escaparatista, actuando como secretaria a técnica de desenvolvemento local de Ordes.
E que terán en conta á hora de escoller ao mellor escaparate?
No seu fallo, o xurado valorará especialmente a orixinalidade, a iluminación, a exposición e a composición do escaparate.
.
Cando coñeceremos ao gañador ou gañadora?
O resultado darase a coñecer o mércores 7 de xaneiro.
*