Ana Mª Alvarez, concelleira Benestar: "Co protocolo municipal contra a violencia de xénero, as ordenses estarán máis protexidas, acompañadas e informadas"
Manuel Regos, alcalde: "Hai que percatarse de que a violencia de xénero pódelle pasar aos nosos amigos e veciños"
Máis de medio cento de persoas asistiron na noite do venres á proxección da curtametraxe sobre violencia de xénero, denominada “Orballo”, elaborada por dez alumnos e alumnas de 4º da ESO do IES Maruxa Mallo de Ordes. Uns rapaces que estiveron presentes no auditorio da Casa da Cultura, xunto cos seus mestres, familiares e amigos, e que recibiron un agasallo do Concello de Ordes en recoñecemento ao seu traballo.
O alcalde de Ordes, Manuel Regos, destacou a importancia desta reportaxe “xa que teño constancia de que serviu xa para concienciar á nosa mocidade da importancia deste problema” e agardou que “poder ver neste vídeo a veciños e veciñas de Ordes falando sobre estes temas permita que nos decatemos de que a violencia de xénero non é algo que algo que lle pasa a xente que sae nos xornais, senón que é algo que lle pode pasar aos nosos amigos e veciños”. Regos fixo fincapé neste punto xa que “a única forma de acabar con esta lacra social é xuntando o esforzo de todos”.

Parabéns de Vicepresidencia da Xunta de Galicia
Un punto no que coincidiu Consuelo Neira Leis que, en representación da Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia, destacou o traballo realizado tanto polos rapaces, a quen lles transmitíu os parabéns da Vicepresidencia, como polas distintas institucións e organismos implicados na elaboración do protocolo municipal contra a violencia de xénero. “Só trinta concellos dos máis de trescentos que hai en Galicia se apuntaron neste programa”, lembrou Neira Leis, polo que felicitou ao Concello de Ordes pola súa iniciativa.
Finalmente, a concelleira de Asuntos Sociais, Ana Álvarez, lembrou que o obxectivo do Concello de Ordes coa elaboracion deste protocolo é “reducir o sentimento de soidade que sinten as vítimas”. Ana Álvarez apunta que “moitas mulleres se sinten soas e desatendidas, polo que retrasan a súa denuncia e a posta en marcha das posibles actuacións. Con este protocolo as mulleres de Ordes van estar máis protexidas, máis acompañadas e máis informadas”.
.

'Nin unha gota máis' e 'Orballo'
Trala firma do protocolo municipal por parte dos representantes das distintas institucións e entidades que axudaron á súa elaboración (Concello, CIM, Policía Local de Ordes, Centro de Saúde de Ordes, Xulgados, Garda Civil de Ordes e Oroso), proxectouse o traballo realizado polos rapaces do IES Maruxa Mallo. En primeiro lugar, un spot sobre violencia de xénero, titulado “Nin unha gota máis”, e posteriormente a curtametraxe, duns quince minutos de duración. Unha reportaxe que se chama “Orballo”, en referencia a que a violencia de xénero é coma este tipo de choiva, miuda e incesante. Os rapaces encargáronse do seu guión, das grabacións, do story-board.... Para a elaboración deste traballo contaron coa colaboración das forzas de seguridade e das traballadoras dos servizos sociais do Concello, así como de numerosos veciños e veciñas do municipio que deron a súa opinión sobre a corresponsabilidade no fogar e a violencia contra as mulleres.
Así mesmo, a psicóloga do Concello de Ordes encargouse de conseguir o testemuño de mulleres vítimas de violencia de xénero, que explicaron os problemas aos que se enfrontaron e mesmo animaron ás persoas que estén nesta situación a que o denuncien, xa que é posible refacer a súas vidas.

*