lunes, 1 de junio de 2009

Foron 45 as persoas que participaron no obradoiro sobre poda agroforestal

.
Hoxe comeza un novo curso sobre “Silvicultura e ordenación de montes”, no que participarán 17 persoas, e ábrese o prazo de inscrición nun curso de certificación forestal

Un total de 45 veciños e veciñas de Ordes participaron no primeiro dos tres cursos de formación gratuitos sobre silvicultura que está a organizar o Concello. Un curso sobre poda agroforestal que rematou cunha sesión práctica na que os alumnos puideron aplicar os coñecementos adquiridos durante as 25 horas da iniciativa, na que aprenderon distintas técnicas de poda por especies.

Esta mesma tarde comeza o segundo curso de formación organizado polo Concello de Ordes en colaboración coa Consellería do Medio Rural e Proyecta. Un curso que tratará sobre “Silvicultura e ordenación de montes” e que contará con 17 participantes, que asistirán a 30 horas de clases que terán lugar todas as tardes entre o 1 e o 5 de xuño no Centro Comarcal de Ordes.


Xestión forestal sostible
A terceira e última cita, para a que aínda está aberto o prazo de inscrición, terá lugar do 8 ao 12 de xuño no Centro Comarcal de Ordes. Versará sobre “Boas prácticas forestais: directrices de xestión forestal sostible”. Un curso teórico-práctico de 30 horas de duración no que poderán participar 50 alumnos, que terán que anotarse no Concello de Ordes ou chamando ao teléfono 981 68 00 02.

A frase de Xesús Pedreira, tenente de alcalde e concelleiro de Medio Ambiente
"Coa certificación forestal contríbúese á sostibilidade dos recursos forestais, obtéñense produtos madereiros e non-madereiros de calidade, foméntase a profesionalización do sector forestal e mellórase o desenvolvemento e fixación de poboación no rural"

*