martes, 23 de junio de 2009

Noites de Tasca celebra o seu primeiro ano de vida cunha foliada con 21 músicos

.
Chegados de todas partes de Galicia, actuarán este venres 26 de xuño

Once novos grupos de música folk uníronse á festa especial co gallo do primeiro aniversario das “Noites de tasca”, que terá lugar este venres 26 de xuño en Ordes. Para esta xornada especial, a Asociación Grupo de Gaitas Os Viqueiras de Ordes, organizadora desta iniciativa xunto ao Concello de Ordes e a Mancomunidade de Municipios de Ordes, ten preparado tamén un “Obradoiro de enredos musicais”, que será impartido por Emilio Lois. Nesta actividade, todos os rapaces que se acheguen entre as 18:30 e as 21:30 horas pola Alameda de Ordes aprenderán a facer xoguetes e instrumentos musicais.

Lista dos artistas que confirmaron a súa presenza na Noite de Tasca:
- Josefa de Bastavales, pandereteira de Bastavales (Brión)
- Grupo Maghua, cantareiros da Coruña.
- Os Viqueiras, gaiteiros de Ordes
- Os Queixas, cuarteto de Cerceda
- Carlos do Viso, cantos de cego e zanfoña. O Viso (Redondela)
- Grupo Os Reiceiros, de Ponte Carreira (Frades)
- Enrique Carregal, gaiteiro de Melide
- Pepe Temprano, gaiteiro da Coruña
- Pazos de Merexo, acordeonista de Merexo (Muxía)
- Manuel Viqueira, gaiteiro de Vilaverde (Ordes).
- Buxos Verdes, de Senra (Oroso)
- Cuarteto “Nova Xuntanza”, de Cerceda
- Evaristo de Sofán, gaiteiro de Carballo
- San Martiño, grupo de gaitas de Cerceda
- Bieito Fandiño, grupo de gaitas de Xanceda (Mesía)
- Lembranzas do Tambre, de Sigüeiro (Oroso)
- No Cómbaro, das Pontes de García Rodríguez
- Os Melidaos, de Melide
- Os Xeitosos, de Trazo
- Raúl Galego, gaiteiro de Agolada
- Orquestra Tombalobos, da Coruña


*