Participan os veciños de Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Tordoia e Trazo
Un total de 106 veciños e veciñas da comarca expoñen dende hoxe, e ata o vindeiro luns 29 de xullo, os seus traballos de debuxo, pintura, cesteiría, manualidades, bolillos... na III Mostra de Obradoiros Culturais da Comarca de Ordes. Unha mostra que foi inaugurada na noite de onte luns polo presidente da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes, Miguel Prado Patiño, nun acto que reuníu a máis de cen persoas no Centro Cultural de Frades e que contou coa presenza do noso alcalde, Manuel Regos.
Debuxo, pintura, cesteiría, manualidades...
A III Mostra de Obradoiros Culturais da Comarca de Ordes inclúe unha selección de debuxo, pintura, cesteiría, manualidades, bolillos... realizados ao longo deste ano polos veciños de Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Tordoia e Trazo. Unha mostra na que participan as escolas municipais de Pintura e Manualidades dos Concellos de Cerceda e Mesía; a Escola Municipal de Debuxo e Pintura do Concello de Ordes e a Escola Municipal de Manualidades, Debuxo, Pintura e Bolillos do Concello de Oroso.
*