Diego Calvo comprometeuse co presidente da Mancomunidade a retomar o proxecto de construción de beirarrúas na AC-524 os seu paso por Abellá
O delegado territorial da Xunta en A Coruña, Diego Calvo, reuniuse o pasado xoves en A Coruña co alcalde de Frades e presidente da Mancomunidade de Municipios de Ordes, Miguel Prado Patiño.
Nesta reunión, Prado amosou a súa preocupación pola seguridade viaria na estrada AC-524 ao seu paso pola parroquia de Abellá. O presidente explicou que o pleno municipal aprobou por unanimidade unha moción do PP para pedir unha entrevista persoal co novo conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas para solicitarlle a licitación das obras de construción de beirarrúas na AC-524 ao seu paso pola travesía de Abellá, despois de que o proxecto estivese paralizado durante os últimos catro anos. O delegado territorial comprometeuse a retomar este proxecto e mediar nesa reunión para poder satisfacer as demandas dos veciños e veciñas de Frades.
.
Núñez Feijóo deixara redactado o proxecto de mellora en 2005
O alcalde fradense lembrou que en maio de 2005 a Consellería de Política Territorial, dirixida por Alberto Núñez Feijoo, deixara redactado o proxecto de mellora da seguridade vial na AC-524, orzamentado en máis de 350.000 euros. Nos últimos catro anos, que Prado Patiño cualifica de “anos perdidos”, o bipartito tan só realizou unha actualización do proxecto a finais de 2008, o que mesmo motivou unha manifestación veciñal de protesta en marzo de 2009.
As obras que se recollen no proxecto contemplan a construción de beirarrúas e sendas peonís para garantir a seguridade vial na AC-524, unha estrada de intensa circulación de vehículos pesados con destino Asturias. O orzamento desta obra ten un importe de 350.225 euros.
*