.
O nacionalista asegura que o PP está preocupado coa alternativa de goberno que representa o BNG en Ordes
O portavoz municipal do BNG de Ordes, Gonzalo Castro respondeu as acusacións do Partido Popular, que facían referencia a que o portavoz nacionalista ordense ten participación nunha empresa que ten sido adxudicataria de contratos coa Xunta de Galicia, afirmando que “as acusacións do PP son rotundamente falsas, xa que eu non teño participación en ningunha empresa que contrate coa Administración Pública”.
"Alternativa do goberno que representa o BNG"
Para o portavoz nacionalista, “estas acusacións demostran que o PP está moi preocupado coa alternativa de goberno que representa o BNG en Ordes, por iso trata de desprestixialo diante da opinión pública con acusacións falsas”.
Finalmente Castro manifestou que “estudaremos as accións a adoptar para defender a nosa imaxe diante das acusacións falsas do PP”.
*