viernes, 19 de junio de 2009

Os infantís do S.D. Ordenes, homenaxeados polo Concello


Despois de conseguir o ascenso á Liga Galega de fútbol

O Concello de Ordes homenaxeou ao equipo infantil da SD Club Órdenes, que ven de conseguir o seu ascenso á Liga Galega despois de superar as dúas eliminatorias precisas ante o Muxía e o AD Nicrariense. Unhas eliminatorias que os rapaces de Ordes superaron sen perder ningún dos catro partidos, mantendo así a boa imaxe ofrecida ao longo da Liga, na que tan só empataron un encontro.

O alcalde de Ordes, Manuel Regos, e o conselleiro de Deportes, Ramón Vázquez Raña, recibiron no salón de plenos aos xogadores, pais e corpo técnico da SD Órdenes, que asistiron á homenaxe. Un acto no que lles entregaron aos rapaces uns agasallos cortesía do Concello de Ordes e Reale Seguros.

A frase de Ramón Vázquez, concelleiro de Deportes
"Anímovos a seguir traballando para conseguir non só máis éxitos deportivos, que estou seguro de que chegarán, senón para que sigades medrando como persoas, que é o reto máis importante que teñen estas escolas deportivas"

*