viernes, 5 de junio de 2009

10.000 bolsas biodegradables para os ordenses

.
Mañá vernes no Concello ás 17 horas

O Concello de Ordes presentará mañá venres 5 de xuño, coincidindo co Día Mundial do Medio Ambiente, unha campaña que incluirá o reparto de 10.000 bolsas biodegradables entre os veciños e veciñas de Ordes. Unha campaña que será presentada polo alcalde en funcións, Xesús Pedreira, e o presidente de Sogama, Luis Lamas.

A frase de Xesús Pedreira, alcalde en funcións e concelleiro de Medio Ambiente
"Estas bolsas van máis aló da campaña realizada o ano pasado, na que repartimos bolsas con papel reciclado, xa que estas non supoñen utilizar produtos derivados da tala dunha árbore e que se biodegradan en apenas 35 días"


*