Ana Alvarez: "Procuramos unha maior e máis doada integración das familias migrantes no sistema educativo de Ordes"
A concelleira de Asuntos Sociais de Ordes, Ana Álvarez, asinou esta mañán cos directores dos centros educativos do municipio e da ONG Ecos do Sur un protocolo de integración das familias migrantes no eido socioeducativo. Trátase dun “instumento de traballo que aúna os esforzos do sistema educativo e do Concello de Ordes de cara a conseguir unha maior e máis doada integración das familias migrantes no sistema educativo ordense”, explica Ana Álvarez.
O Concello de Ordes, a ONG Ecos do Sur, o CEIP Campomaior, o CEIP Meson do Vento, o CEIP Castelao, o IES Nº 1 e o IES Maruxa Mallo formalizaron esta mañán a sinatura deste protocolo que nace cos obxectivos de facilitar a escolarización dos migrantes, detectar as barreiras que sofren na súa integración no sistema educativo, favorecer a participación das familias no sistema e reducir o tempo de escolarización dos menores.
Guía de educación para migrantes
Así mesmo, o Concello editou paralelamente a guía “A educación para migrantes residentes en Ordes”, na que se expoñen as características principais do sistema educativo en Galicia e os recursos existentes en Ordes, así coma os dereitos e deberes implícitos para todos os cativos: que ten que ir á escola, que días hai clases, cando hai que matricularse, servizos complementarios, etc.
Unha información condensada en catro páxinas e editada en cinco idiomas: galego, castelán, inglés, francés e árabe. Unha guía editada polo Concello de Ordes en colaboración coa Secretaría Xeral de Emigración da Xunta, o Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais e a ONG Ecos do Sur.
Unha información condensada en catro páxinas e editada en cinco idiomas: galego, castelán, inglés, francés e árabe. Unha guía editada polo Concello de Ordes en colaboración coa Secretaría Xeral de Emigración da Xunta, o Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais e a ONG Ecos do Sur.
A frase de Ana Alvarez, concelleira de Asuntos Sociais
"Dende a concellería detectamos que as familias migrantes teñen a miúdo dificultades para integrarse con normalidade no sistema educativo debido xeralmente ao descoñecemento do sistema"
A frase de Francisco Hurtado, presidente de Ecos do Sur
"Este protocolo é froito dun traballo transversal contando coa participación, non só da nosa entidade, senon tamén cos centros educativos e do Concello de Ordes"
*