Segundo os nacionalistas, o proxecto do goberno producirá atascos e un problema de seguridade vial no polígono industrial
Castro: "Só se trataría de ampliar en 800 metros a vía proposta, para dar a posibilidade de sair na N-550 á altura de Leira"
O BNG ven de presentar unha moción para o seu debate no Pleno deste martes, na que propón que se prolongue o proxecto do desvío de tráfico pesado de Ordes nunha distancia de 800 metros até a N-550 á altura do Cano de Leira, dotando ao mesmo dun acceso neste punto, co obxectivo de evitar que todo o tráfico pesado teña que entrar ou sair deste desvío polo polígono industrial, o que provocaría, segundo os nacionalistas, un caos circulatorio no polígono, ademáis dun serio problema de seguridade vial.
O portavoz nacionalista Gonzalo Castro lembrou que “os veciños e veciñas de Ordes están a sufrir, desde hai moitos anos, as continuas molestias orixinadas polo paso de camións pesados e, nomeadamente de lixo con destino a Sogama”, o que motivou que se levase a cabo "unha campaña reivindicativa con recollida de sinaturas, que logrou un grado de adhesión e mobilización sen precedentes no noso pobo, chegando a tres mil o número de veciños e veciñas que xa teñen apoiado coa sinatura a mesma", segundo declaracións do nacionalista.
Segundo este, "froito desta mobilización dos veciños do noso Concello, anunciouse o pasado mes de febreiro o compromiso para construir unha vía alternativa para o tráfico pesado no noso Concello, que iria desde as Casillas até o polígono industrial de Ordes.”
"Colapso circulatorio"
Segundo o nacionalista, o proxecto inicialmente aprobado polo goberno municipal, “só contempla unha entrada e saída nas Casillas e no polígono industrial, o que vai ocasionar un colapso circulatorio e problemas de seguridade vial no polígono, xa que non está preparado para absorber a gran cantidade de tráfico pesado que circulará por él". Por esta razón, continúa Castro, "o BNG propón que se modifique o proxecto e se contemple, ademáis da saída no polígono industrial, outra saída na N-550 á altura de Leira”.
Finalmente, na proposta de acordo instase tamén ao goberno municipal a realizar coa maior celeridade os trámites que sexan pertinentes para dar comezo ás obras do desvío, co compromiso de que se finalice e este operativo no prazo dun ano.
.
As frases de Gonzalo Castro, portavoz nacionalista de Ordes
“Só se trataría de ampliar en 800 metros a vía proposta, para dar a posibilidade de sair na N-550, á altura de Leira, ao tráfico pesado que circula en dirección Santiago-A Coruña, así como para permitir a entrada á vía alternativa, no mesmo punto, ao tráfico pesado que circula en dirección A Coruña-Santiago”
“Esta proposta ten sido secundada masivamente polos propios empresarios radicados no polígono industrial, mediante unha recollida de sinaturas”.
“Esta proposta ten sido secundada masivamente polos propios empresarios radicados no polígono industrial, mediante unha recollida de sinaturas”.
*