Os nacionalistas veñen de presentar unha moción sobre o particular para o seu debate polo Pleno
Lembran que Feijóo prometeu construilos en todos os Concellos de máis de 1.500 habitantes
O Grupo Municipal do BNG de Ordes ven de presentar unha moción para o seu debate polo Pleno da Corporación na que propón que o Concello de Ordes inste á Xunta de Galicia a construir un Centro de Día en Ordes.
Os nacionalistas lembran na exposición de motivos da moción que Feijóo comprometeuse no debate de investidura a construir un Centro de Día en todos os concellos con poboación superior aos 1.500 habitantes, é dicir, nun total de 261 concellos galegos.
O portavoz nacionalista, Gonzalo Castro, explicou que tendo en conta a promesa do Presidente da Xunta e que no Concello de Ordes non existe centro de día é ten máis de 1.500 habitantes, o BNG proporá que o Pleno do Concello de Ordes inste á Xunta ao seguinte:
1. A que licite a construción do centro de día prometido para este concello polo actual presidente da Xunta de Galiza no seu discurso de investidura.
2. A que informe a este concello sobre orzamento, prazo de execución da obra e posta en funcionamento do centro de día.
3. A que informe a este concello dos servizos que prestará o centro de día, do número de prazas e do cadro de persoal.
A frase de Gonzalo Castro, portavoz do BNG de Ordes
"O BNG non vai deixar de amosar a súa satisfacción polo que significaría esta medida para os concellos de Galiza, tendo en conta ademais que en 16 anos de goberno do Partido Popular, entre 1989 e 2005, non se construíu nin existía un só centro de día público no noso país fronte aos 57 promovidos polo BNG desde a Vicepresidencia da Xunta de Galiza entre 2005 e 2009.”
Foto: Un centro de día en Valladolid.
*