Despídense ata o mes de outubro cunha gran gaiteirada no restaurante 'El Túnel'
Máis de duscentas persoas ateigaron na noite do pasado venres 'El Túnel' para asistir á festa especial co gallo do primeiro aniversario das 'Noites de tasca', organizada pola Asociación Grupo de Gaitas 'Os Viqueiras' de Ordes e que contou coa colaboración do Concello de Ordes e a Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes. Unha festa que contou coa actuación de 18 grupos e solistas de música tradicional galega que estiveron tocando ata ben entrada a madrugada do sábado.
.
O grupo de Pepe Temprano, gaiteiro da Coruña, foi o encargado de abrir este primeiro aniversario das 'Noites de Tasca', no que participaron todos os artistas que colaboraron nalgunha das doce edicións anteriores celebradas nos municipios de Ordes, Oroso, Frades, Cerceda, Trazo, Tordoia e Mesía.
.
Cada un deles interpretou tres pezas, polo que a festa alongouse ata ben entrada a madrugada, sobre todo pola gran implicación do público, que non deixou de aplaudir, cantar e mesmo bailar ao son da música tradicional galega.
.
Un a un foron pasando polo escenario do restaurante os 18 participantes por esta orde: Pepe Temprano, gaiteiro da Coruña; Josefa de Bastavales, pandereteira de Bastavales (Brión) que levantou grandes aplausos ao ser a máis veterana de todos os participantes; o grupo Maghua, cantareiros da Coruña; Os Viqueiras, gaiteiros de Ordes; Os Queixas, cuarteto de Cerceda; Carlos do Viso, cantos de cego e zanfoña dende Redondela; grupo Os Reiceiros, de Ponte Carreira (Frades); Pazos de Merexo, acordeonista de Merexo (Muxía); Manuel Viqueira, gaiteiro de Vilaverde (Ordes); Buxos Verdes, de Senra (Oroso); cuarteto 'Nova Xuntanza', de Cerceda; Grupo de gaitas San Martiño, de Cerceda; Grupo de gaitas Bieito Fandiño, de Xanceda (Mesía); No Cómbaro, das Pontes de García Rodríguez; Os Melidaos, de Melide; Os Xeitosos, de Trazo; Raúl Galego, gaiteiro de Agolada (Pontevedra) e a Orquestra Tombalobos, da Coruña.

Despois desta gran actuación, as 'Noites de Tasca' despídense ata o vindeiro mes de outubro.
*