viernes, 12 de junio de 2009

Recouso: "Regos está desacreditándose públicamente para desempeñar o cargo de alcalde"

.
O nacionalista considera "moi grave" que Regos considere "normal" cometer ilegalidades coas contas do seu partido

O concelleiro do BNG Ramiro Recouso, respostou ás declaracións do alcalde Manuel Regos na prensa, manifestando que “o BNG considera moi grave que Regos xustifique e vexa normal incumplir a obriga de presentar a contabilidade do seu partido nas pasadas eleccións municipais diante do Tribunal de Cuentas”.

O concelleiro nacionalista acusou ao alcalde de Ordes de “ser o único alcalde de Galiza que non presentou as contas electorais do seu partido para que fosen fiscalizadas polo Tribunal de Contas”.

"Confirmando as sospeitas"
Segundo o concelleiro nacionalista, “o alcalde admitiu que non ten presentado as contas de UXO diante do Tribunal de Cuentas, confirmando as sospeitas de que pretende ocultar posíbeis irregularidades relacionadas coa financiación do seu partido”.

Recouso considera que “cando Regos xustifica e ampara as graves irregularidades cometidas coas contas do seu partido, está desacreditándose públicamente para desempeñar o cargo de alcalde Ordes”, neste sentido, o concelleiro do BNG fixose a seguinte pregunta: “un alcalde que ve normal cometer ilegalidades coas contas do seu partido, que confianza pode ofrecer para xestionar o diñeiro público?”.

*