O deputado socialista Bernardino Rama fixou en seis meses o prazo de execución das obras
Regos: "Estas obras permitirán mellorar a calidade de vida dos nosos veciños e veciñas ademais de favorecer a súa seguridade vial"
Manuel Regos recibiu esta mañá a visita do presidente da comisión de Obras da Deputación da Coruña, Bernardino Rama, co obxecto de presentar conxuntamente as dúas obras que esta entidade vai executar no Concello e que supoñen un investimento de preto de 800.000 euros. Por un lado, a senda peonil que unirá o barrio do Paraíso coa estrada que pasa polo núcleo de Poulo, seguindo a estrada a Ponte Carreira e a antiga estrada a Poulo -actualmente en proceso de licitación-; e por outro, a rehabilitación da rúa do Recreo -cuia licitación agárdase para o mes de agosto-. Rama fixou en seis meses o prazo de execución das obras.
Un investimento de máis de 300.000 euros
Situado na marxe esquerda dun tramo con grande circulación de vehículos a altas velocidades, entre as características deste paseo peonil, que suporá un investimento de 302.636,10 euros, destaca que o sendeiro terá unha extensión total de 1.580 metros, cun ancho de 1,80m separada da estrada por un arcén de 20 centímetros e un espacio para recoller os pluviais de 30 cm, o que garantirá a seguranza dos viandantes.
Segundo destacou Bernardino Rama, o ancho da senda será variable “por non existir terreno suficiente de dominio público para poder garantir o mesmo ancho en toda a súa extensión”, polo que fixo un chamamento á colaboración dos veciños cuxas propiedades estean situadas na marxe pola que descorrerá a senda, para que cedan terreos para garantir ese ancho, “nese caso a Deputación garante a reposición dos peches de fincas que se vexan afectados”.

Rama tamén fixo mención á outra das obras, a rehabilitación da Rúa do Recreo, “unha vella aspiración do municipio cuxa execución era tan necesaria para as infraestruturas deste Concello”. Cunha lonxitude total de 900 metros, estes traballos orzamentados en 429.406,42 euros.
Os traballos nesta rúa incluirán a instalación de novas beirarrúas, pavimentación con baldosa de formigón tipo Santiago, execución de novos sumidoiros, colocación dunha columna artística de catro metros de altura para alumbrado público así como resposición da pavimentación da calzada e reposición de toda a sinalización horizontal e vertical.

.
As frases de Manuel Regos, alcalde de Ordes
"Estas obras permitirán mellorar a calidade de vida dos nosos veciños e veciñas ademais de favorecer a súa seguridade vial especialmente no caso dos usuarios da futura senda peatonal que é o primeiros sendeiro destas características co que imos contar no municipio"
"Agardamos que ambas obras sexan unha realidade no prazo dun ano, en torno a xuño do ano que ven"
*