martes, 2 de junio de 2009

A cercedense Monica Muiño crea o grupo de Ordes no Facebook


Os ordenses xa temos un espazo en Facebook, a rede social máis importante da internet

A cercedense pero residente en Ordes, Mónica Muiño Raña foi a creadora do grupo de Facebook, Ordes/Ordenes. Segundo as súas propias declaracións, "vin que había grupos doutras vilas e deume non sei que que non houbese de Ordes".


Xa conta con 127 membros
Mónica, que ten 30 anos, xa conta con 127 membros no seu grupo de ordenses, entre os que se atopan Rogelio Bodelo, Kastomä, Susana García, Mario Mouriño, Ana Valado, Raquel Souto, Zalo Sanjurjo, a concelleira Susana Mosquera e por suposto, nós mesmos.

Entre as participacións que se poden ler, Nadia Soledad Rilo avísanos das clases de danza do vientre que organiza o Concello os xoves na Escola Antiga; e Lía Russo invítanos a participar no 'Voluntariado verde', tamén do Concello de Ordes.

Celebramos a iniciativa da nosa veciña por acercar a nosa querida vila aos milleiros de participantes no Facebook, a rede social de internet máis importante que existe na actualidade.

Foto: Imaxe do grupo 'Ordes/Ordenes' do Facebook.


*