Non te perdas a espectáculo humorístico sobre o mundo laboral da compañía Tangatutanga Teatro
O auditorio da Casa da Cultura de Ordes acollerá este venres, 12 de xuño, ás 21 horas, o espectáculo da compañía Tangatutanga Teatro “Aberto por folga, cabaré laboral”. Unha crítica humorística ao mundo laboral que chegará a Ordes promovido polo IES nº 1 en colaboración co Concello de Ordes. A entrada é totalmente gratuita.
Percorrido crítico e humorístico
“Aberto por folga. Cabaré Laboral” inclúe varias pezas e números musicais que fan un percorrido crítico e humorístico dos lugares e situacións comúns do mundo laboral: a incorporación ao traballo, a convivencia con vellas glorias, o acoso, a competitividade, a relación cos clientes, etc. Unha obra que recibiu o premio ao mellor espectáculo e á mellor dirección na X Mostra de Teatro Universitario da USC.
Sobre o escenario do auditorio da Casa da Cultura de Ordes, Beatriz Bravo dirixirá a un elenco de actores composto por Marco Bernal, Marta Bouzón, Inés Colmeiro, Sabela Dávila, Marta González, Andrea de Francisco, Silvia Lías, María Mato, María Meimije e Estefanía Vázquez, coa música de Fernando Cabo. A obra ten unha duración aproximada de 50 minutos.

*