sábado, 30 de mayo de 2009

Recouso: "O Concello se encontra sen orzamentos municipais aprobados para este ano"

.
Critica que o goberno fora incapaz de poñerse de acordo para elaborar as contas do ano 2009

O nacionalista emplaza a Manuel Regos a "poñerse a traballar"

O concelleiro do BNG, Ramiro Recouso, denunciou que cando xa teñen transcurrido seis meses do ano 2009, o Concello de Ordes se encontra sen orzamentos municipais aprobados para este ano, debido, segundo o concelleiro nacionalista, á “deixación de funcións do goberno municipal”. O edil criticou que “o goberno municipal teña sido incapaz de poñerse de acordo para elaborar uns orzamentos municipais para o presente ano”.

"Falta de autoridade e capacidade"
A falta de acordo no goberno municipal para a aprobación dos orzamentos, constitue, según Recouso, “unha boa proba da falta de autoridade e capacidade do alcalde, Manuel Regos, para gobernar o noso Concello”. Finalmente, o concelleiro nacionalista emplazou a Regos a “poñerse a traballar e a elaborar uns orzamentos para o Concello de Ordes”.

A frase de Ramiro Recouso, concelleiro do BNG de Ordes
"É moi grave que o goberno de Ordes leve medio ano de retraso na elaboración dos orzamentos municipais, xa que se está paralizando o Concello e impedindo que se poidan facer investimentos e adoptar medidas fronte a situación de crise económica que estamos a vivir".


*