viernes, 19 de junio de 2009

Se inicia o reparto das 10.000 bolsas biodegradables para facer as compras

.
O Concello está a entregar 100 bolsas a cada establecemento comercial da Asociación de Comerciantes de Ordes (Acordes)

Xesús Pedreira: "Estas bolsas non supoñen unha seria ameaza para o medio natural como as bolsas de plástico"

O Concello de Ordes iniciou esta mañán o reparto de 10.000 bolsas de compra biodegradables entre os comerciantes do municipio. Unha campaña posta en marcha pola Concellería de Medio Ambiente en mans do socialista Xesús Pedreira, en colaboración con Sogama e a Asociación de Comerciantes de Ordes (Acordes), cuxos establecementos serán os encargados de entregar de balde estas bolsas biodegradables ao consumidor final.

Durante esta vindeira semana, traballadores municipais entregarán 100 bolsas biodegradables a cada un dos establecementos comerciais ordenses asociados a Acordes. Unhas bolsas peculiares, xa que están feitas a partires de restos de poda e que se biodegradan en tan só 35 semanas.

As frases de Xesús Pedreira, tenente de alcalde e concelleiro de Medio Ambiente
"Estas bolsas son igual de resistentes cas tradicionais de plástico, pero teñen a característica que se biodegradan en apenas 35 semanas e non supoñen unha seria ameaza para o medio natural como as bolsas de plástico"

"A diferencia doutras bolsas de compra, as que se repartirán en Ordes non están feitas nin con patacas nin con millo nin con papel reciclado, senón con restos de poda, é dicir, utilizando residuos que non serven para nada máis e evitando dese xeito utilizar alimentos que poden destinarse a outros fins”

*