Xesús Pedreira: "A certificación forestal contríbúe á sostibilidade dos recursos forestais"
Aqueles veciños que non puideron recoller hoxe o seu diploma, poderán retiralo na casa do concello cando o desexen
Preto dun cento de veciños e veciñas de Ordes participaron ao longo das últimas tres semanas nos tres cursos de formación gratuitos sobre silvicultura organizados pola concellería de Medio Ambiente de Ordes. Uns cursos, de 30 horas de duración (25 de teórica e 5 de práctica), e que dan dereito a un diploma acreditativo, que foi entregado esta noite polo concelleiro de Medio Ambiente, Xesús Pedreira.
A importancia da certificación forestal
O concelleiro socialista coincidiu esta tarde cos alumnos do curso “Boas prácticas forestais: directrices de xestión forestal sostible”, ante quen destacou a importancia da certificación forestal xa que “contríbúe á sostibilidade dos recursos forestais, obtéñense produtos madereiros e non-madereiros de calidade, foméntase a profesionalización do sector forestal e mellórase o desenvolvemento e fixación de poboación no rural”.
As citas anteriores foron un curso sobre poda agroforestal, no que os alumnos aprenderon distintas técnicas de poda dacordo coas distintas especies; e un curso sobre ordenación de montes, ao que asistíu unha vintena de persoas. Moitos dos alumnos que participaron nestes dous cursos non puideron asistir hoxe á entrega de diplomas de asistencia, polo que poderán retiralos en calquera momento no departamento de Medio Ambiente do Concello de Ordes.

*