.
Martino: "Elegiremos a quienes nos defiendan en temas como la cuota láctea"
Pedreira: "Debemos falar máis de política europea e menos da doméstica"
Castro: "Hai cuestións que afectan ao noso benestar que se deciden en Europa, como os nosos dereitos laborais e sociais"
1. Que expectativas ten o seu partido nestas eleccións europeas?
Martino: Repetir los resultados ya obtenidos y obtener la mayoría absoluta.
Pedreira: O PSdG aspira a ser a forza máis votada e incrementar o seu número de eurodiputados.
Castro: O BNG aspira a conseguir representación no Parlamento Europeo, porque consideramos prioritario a presenza de Galiza alí onde se van tomar decisións fundamentais para o futuro do noso país.
2. Cal sería un bo resultado para vostede?
Martino: La mayoría de los votos en toda España, a eso aspira el Partido Popular.
Pedreira: Aumentar o seu número de escaños no Parlamento Europeo. Un resultado ideal sería acadar máis de tres deputados dos que temos agora. Tamén sería desexable ter unha importante participación nas furnas.
Castro: O BNG espera contar cun apoio electoral que lle permita conseguir representación no Parlamento Europeo, o que permitirá que Galiza poida ter unha voz propia nas institucións europeas.
3. Que importancia ten para os ordenses estas eleccións?
Martino: Mucha. En estas elecciones elegiremos a los representantes que nos defenderán frente a las políticas que se debaten en Bruselas que cada vez alcanzan mayor trascendencia en nuestra comarca.
Pedreira: Moitísima ,sobre todo en dous aspectos, na política agraria común, que é algo vital e estratéxico para a comarce de Ordes; e o sector lácteo. Tendo en conta que a cuota láctea vai desaparecer en 2015, a importancia da súa aplicación ata esa data e trascendental para Ordes, e non só para o agro, senón tamén para a nosa industria e comercio.
En Ordes tamén debemos falar máis de Europa e menos da política doméstica pola importancia que ten para nós. O PSdG-PSOE quere unha “aterrizaxe suave” na cuota láctea xa que pedirá que se prolongue e non desaparezca de golpe. Nós defenderemos tamén os intereses de aqueles gandeiros que xa mercaron cuota e teñen unha inversión feita.
Castro: Son moito máis importantes para Ordes do que pode parecer. Hai cuestións que afectan ao noso futuro e ao noso benestar que se deciden en Europa, como os nosos dereitos laborais e sociais, en cuestións tan relevantes, por exemplo, como a duración da xornada de traballo.
4. Que políticas das que se debaten en Bruselas nos afectan directamente aos ordenses?
Martino: Sobre todo en tres grandes temas: la cuota láctea, el desarrollo industrial de nuestra comarca y la política agraria común.
Pedreira: Ademáis das anteriores, o sector textil tamén ven regulado dente Europa. O PSdG-PSOE velará polos intereses deste sector e impulsará as axudas directas.
Castro: Tendo en conta o peso do sector primario, e en concreto do sector lácteo, estas eleccións son cruciais, xa que das decisións que se adopten en Europa dependerá en grande medida o futuro deste sector tan importante para a economía da nosa comarca, por iso o BNG defenderá no Parlamento Europeo que o sector lácteo de Galiza poida ter viabilidade e teña posibilidades de competir en pé de igualdade na Unión Europea.
*