Nel participaron 15 desempregados que recibiron clases prácticas e teóricas
Hoxe deuse por finalizado en Ordes un curso enmarcado dentro da programación de accións formativas dirixidas prioritariamente para persoas traballadoras desempregadas da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia. Concretamente trátase dun curso de socorrista acuático, que foi totalmente gratuíto para os participantes, e que daba comenzo o pasado 19 de xullo. Neste curso participaron 15 persoas que realizaron tanto clases prácticas como teóricas, as prácticas na piscina climatizada e as teóricas na Casa da Cultura.
Combatindo o desemprego
O curso de socorrista acuático sumouse a outros cursos dirixidos a desempregados que todavía se están a realizar no municipio e cos que o Concello de Ordes pretende combater o desemprego a través da formación dos seus veciños e veciñas. É o caso dun curso de atención sociosanitaria a persoas no domicilio no que están participando outros 15 desempregados, enmarcado tamén na programación de accións formativas dirixidas prioritariamente para persoas traballadoras desempregadas da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e que ten lugar en Mesón do Vento.
.
Tamén dirixido a desempregados, o municipio ordense está levando a cabo un curso sobre enerxía térmica, enmarcado dentro do Proxecto Rede Xiana da Deputación da Coruña. Neste curso que deu comenzo o pasado 14 de xuño, e no que participan 18 persoas ensínase aos participantes a montaxe, a posta en servizo, operación e mantemento das instalacións solares térmicas. Un curso que serve ademais aos participantes como apoio para conseguir o certificado de profesionalidade.
As frases de Manuel Regos, alcalde de Ordes
"O Concello de Ordes aposta unha vez máis pola formación para facilitar a incorporación ao mercado laboral das persoas desempregadas"
“Cremos que nun momento de crise e desemprego como o que está vivindo o país a formación dos nosos desempregados é a mellor das iniciativas para facilitar a súa incorporación ao mundo laboral, dándolles unha ferramenta máis para conseguir un posto de traballo”
Foto: Momento dunha das clases teóricas do curso de socorrista celebrado na Casa da Cultura.
*