Será o 1 de outubro a partires das 22:00 h. no bar Carballeiro de Vilamaior
Despois da paradiña do verán volve a terceira tempada das 'Noites de Tasca' de Os Viqueiras de Ordes. Este ano percorrerán os municipios da comarca os primeiros venres de cada mes.
Nesta nova tempara que se inuagura o vindeiro venres 1 de outubro, terán como convidado de excepción ao gaiteiro de Santa María de Arzúa, Faustino Seoane. Aos seus 84 anos será quen de demostrar a súa plena forma na arte de tocar a gaita.
Foliada aberta á participación de todos
Como xa é tradicional, o acto rematará cunha foliada aberta á participación de todos coa novidade do Concurso de Aturuxos. Cada mes iranse preseleccionando os mellores para nunha data ainda por determinar poder competir nunha final onde se escollera ao 'Mellor botador de aturuxos das Noites de Tasca'.
Os Viqueiras de Ordes convidan a todos os lectores e lectoras de Ordessiete a disfrutar nesta nova Noite de Tasca no bar Carballeiro de Vilamaior (Ordes) o próximo venres 1 de outubro a partires das 22:00 h.
*