sábado, 25 de septiembre de 2010

O luns se clausura o obradoiro de emprego da estación de Parada

Asistirán os 26 alumnos participantes acompañados do alcalde Manuel Regos, o delegado territorial da Xunta, Diego Calvo, e o director xeral de Promoción do Emprego, Andrés Hermida

O vindeiro luns 27 de setembro terá lugar a clausura do II Obradoiro de Emprego “Ramón Rubial” de Ordes, ás 12,30 horas do mediodía na antiga estación de tren de Parada.


Este segundo Obradoiro de Emprego, contou coa asistencia de 26 alumnos, que recibirán o diploma acreditativo o día da clausura. Os participantes recibiron formación teórico-práctica nas especialidades de xardinería, carpintería e albanelería; e tamén recibiron formación académica en ensino básico.

O Obradoiro de Emprego foi levado a cabo a través dunha subvención concedida pola Consellería de Traballo e Benestar.

A este acto asistirán, entre outros, Diego Calvo, delegado territorial da Xunta de Galicia na Coruña; Andrés Hermida, director xeral de Promoción do Emprego; Manuel Regos, alcalde de Ordes, concelleiros da corporación municipal e o director, profesores das especialidades (xardinería, albanelería e carpintería) e mestra de ensino básico do Obradoiro. Tamén estarán presentes os 26 alumnos e alumnas do Obradoiro.

Programa de actos
O programa de actos é tal como segue:


12:30 horas : Recibimento no lugar de desenvolvemento do Obradoiro de Emprego (Antiga estación de tren de Parada).

12:40 horas: Palabras das autoridades asistentes (Director Xeral de Promoción do Emprego, Delegado Territorial da Xunta de Galicia na Coruña e Alcalde de Ordes).

13:15 horas: Entrega de diplomas.
 
*