Despois de facer o propio coas parroquias de Leira e Beán, tócalle agora o turno ao lugar de A Senra
Logo de que a mediados do mes de maio se inaugurara os locais sociais de Leira e Beán, onte, o alcalde Manuel Regos inauguraba o novo local social de A Senra na parroquia de Poulo. Un espazo instalado na antiga escola da parroquia, que foi reformado e acondicionado polo Concello, e que agora servirá de lugar de encontro e esparcimento para todos os veciños e veciñas do lugar.
As instalacións, que estaban nun estado de deterioro, foron reformadas e neste momento contan con tres estancias e dous aseos, ademais dun entorno acondicionado para o disfrute dos veciños. Manuel Regos mostrou a súa satisfacción por poder facer realidade este proxecto e insistiu na importancia de “dotar ás parroquias con este tipo de infraestruturas para que os veciños e veciñas teñan un lugar onde poder socializarse, así como realizar as súas actividades”.
Nova pista polideportiva
Por outra banda ao novo local social, súmase tamén unha nova pista polideportiva ubicada nas inmediacións do local, creándose así unha gran área de esparcimento para todos os veciños e veciñas da parroquia. Estas obras da pista polideportiva forman parte do paquete de actuacións que o goberno local do Concello de Ordes incluiu dentro do fondo estatal do Estado. Tal e como explicaron dende o grupo de goberno do Concello de Ordes, todas estas obras, as do local e a pista, contaron cun investimento de aproximadamente 80.000 euros.
Fotos: Momentos da inauguración do novo local social de Poulo de A Senra.
*