Membros da Asociación Española Contra o Cancro ofrecerán información sobre esta enfermidade nunha mesa que se instalará no centro de saúde ordense de 10 a 13 horas
Teléfono da sede de Ordes de Asociación Española Contra o Cancro: 981 680221
O centro de saúde de Ordes acollerá mañá mércores día 22 unha mesa informativa sobre o cancro de mama. O horario de atención ó público irá dende as 10 ata as 13 horas. Deste xeito tódalas persoas que se acheguen poderán obter información útil sobre a prevención, tratamentos, diagnósticos ou calqueira outro aspecto relativo a esta enfermidade.
Para poder levar a cabo esta iniciativa a AECC de Ordes conta coa colaboración do departamento de Sanidade do concello ordense. “Deste xeito pretendemos conmemorar o Día Mundial Contra o Cancro de Mama que tivo lugar o pasado 19 de setembro”, asegura Emilia Vázquez Pardo, presidenta da sede local da AECC. Unha data na que non se organizou ningún evento no concello por coincidir en domingo, “de ahí que se faga este mércores, porque así aproveitamos para falar coa xente que veña á feira”, puntualiza Emila Vázquez.
Ata o centro de saúde achegaranse membros do equipo do goberno dirixido por Manuel Regos. Un xesto co que queren amosar o seu apoio e solidaridade na loita contra esta infermidade que cada vez consiguen superar máis mulleres. Alí serán recibidos pola presidenta da AECC en Ordes, así coma outras integrantes entre as que estarán Argentina Campos, Concepción Castro, Mari Carmen Pérez, Marina Lamas ou Mari Carmen Iglesias, entre outras.
Podes ver un vídeo explicativo sobre o cancro de mama facendo clic baixo estas liñas:
Fondos necesarios para a investigación
Dende a AECC de Ordes queren aproveitar o acto de mañá para concienciar á xente “da importancia que teñen as aportacións económicas para recaudar fondos de cara á investigación”, destaca Emilia Vázquez. “Ter socios é importante pero non se pode avanzar se non hai cartos cos que investigar e continuar cos proxectos que está a realizarse”. A pesar de que na mesa que mañá se instalará no centro de saúde no se recollerán cartos, tódolos interesados recibirán a información precisa para saber onde e cómo poden contribuir na loita contra o cancro da maneira máis rápida e fectiva.
Na actualidade preto de 300 persoas están inscritas na AECC de Ordes. Para calqueira consulta poden acudir ó número 43 da rúa Fuente Estrey ou ben contactar no 981 680 221. Tamén o poden facer no bar Salón, ubicado no parque Félix Rodríguez de la Fuente.
*