jueves, 2 de septiembre de 2010

O Concello leva a cabo melloras no saneamento e o abastecemento de auga

O goberno local deu comenzo xa ás obras de saneamento e abastecemento na Carballeira en Cabeza de Lobo

O Concello de Ordes ven de comezar as obras correspondentes ao saneamento e o abastecemento de auga na Carballeira, en Cabeza de Lobo na parroquia de Ardemil, unhas obras coas que tal e como explicou o concelleiro de Obras e Urbanismo, Roberto González, “esperamos poder cubrir as necesidades máis prioritarias dos nosos veciños e veciñas, como é o servizo de saneamento e abastecemento de auga”.

A estas obras na Carballeira súmanse ademais outras similares como as de saneamento na estación en Parada, que xa se iniciaran con anterioridade, e outras de saneamento e abastecemento en Vilariño na parroquia de Buscás.

Todas estas obras están incluidas dentro do paquete de actuacións que o goberno local incluiu dentro do fondo estatal, que achegou ao municipio 1,3 millóns de euros. Un grupo de obras no que se inclúen tamén outras correspondentes á construción de novas pistas polideportivas nas parroquias ou melloras na eficiencia enerxética do alumeado público, entre outras.

*