Voluntariado verde levou a cabo charlas en varias parroquias sobre a vixilancia e prevención de lumes
As parroquias de Beán, Mesón do Vento, Santa Cruz de Montaos e Ordes acolleron durante os pasados luns e martes un ciclo de charlas informativas sobre a Lei 3/2007 de prevención e defensa contra os incendios forestais en Galicia. Deste xeito a concellería de Medio Ambiente de Ordes continúa co programa Voluntariado verde desenvolvendo o seu segundo bloque, adicado á vixilancia e prevención de lumes. As charlas, impartidas por dous enxeñeiros técnicos forestais con coñecementos de prevención e defensa contra incendios, tiveron como destinatarios os veciños das catro parroquias ubicadas no concello de Ordes.
Prevención e extinción de incendios no rural
A Lei 3/2007 actualiza o réxime xurídico que regula os incendios no medio rural, integrando a prevención e a extinción, a protección da poboación das infraestructuras e das instalacións agrarias, así coma a importancia de manter franxas de terreo libres de vexetación para evitar a propagación do lume. A ordenación preventiva do terreo e da selvicultura son otros dos aspectos que contempla dita norma. Estas xornadas son froito dun convenio de colaboración entre a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado e a dirección Xeral de Montes, dependentes da Consellería de Traballo e Benestar e da de Medio Rural respectivamente.
A frase de Xesús Pedreira, concelleiro de Medio Ambiente, Medio Rural e Sanidade de Ordes
“O obxetivo principal é implicar activamente os nosos veciños e formalos nas labores de prevención para reducir o número de incendios forestais no concello, ademáis de dar a coñecer mellor a lei para que voluntariamente se cumpra sin ter que mediar por medio denuncias entre veciños para ser resoltas polas Administracións”
Foto: Momento dunha das charlas informativas no local social da parroquia de Beán.
*