Terá lugar este luns 6 de setembro ás 09.00 h. no salón de plenos da Casa do Concello
A reclamación administrativa ao orzamento municipal do exercizo 2010 do Concello de Ordes presentada polo Partido Popular de Ordes o pasado 7 de agosto será debatida este luns 6 de setembro en sesión extraordinaria do pleno da corporación municipal. O goberno municipal ven de anunciar esta convocatoria coa seguinte Orde do Día:
Punto Primeiro.- Aprobación, se procede, da Acta de sesión anterior de data 27 de xullo de 2010.
Punto Segundo.- Reclamacións administrativas ao Orzamento municipal exercizo 2010. Aprobación definitiva.
O acto terá lugar no salón de plenos da Casa do Concello a partir das 09:00 h. A entrada e asistencia aos plenos municipais é completamente libre.
*