domingo, 5 de septiembre de 2010

O Concello promove charlas informativas sobre a prevención contra incendios

Terán lugar os días 13 e 14 de setembro en diferentes localizacións do municipio

O Concello de Ordes promove unha serie de charlas informativas sobre a Lei 3/2007 de prevención e defensa contra os incendios forestais dentro do bloque de vixiancia e prevención de lumes do programa de Voluntariado Verde.


Os encargados de impartir estas charlas serán enxeñeiros técnicos forestais con coñecementos de prevención e defensa contra incendios forestais de Galicia dentro dunha actuación froito do convenio entre a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, dependente da Consellería de Traballo e Benestar e pola Dirección Xeral de Montes, dependente da Consellería de Medio Rural.

Os lugares e datas das charlas informativas serán os seguintes:
Luns 13 de setembro ás 20.00 h na Casa da Cultura de Ordes.
Luns 13 de setembro ás 20.00 h no Recinto Feiral do Mesón do Vento, 2º andar.
Martes 14 setembro ás 20.00 h na Casa Rectoral de Beán.
Martes 14 setembro ás 20.00 h na Escola Pública de Santa Cruz de Montaos

A frase de Xesús Pedreira, concelleiro de Medio Ambiente, Medio Rural e Sanidade de Ordes
“Temos un desafío moi importante na conservación do patrimonio natural en Galicia posto que, só dende o 4 de agosto deste ano os incendios levan queimadas na nosa comunidade unhas 77.000 hectáreas. Preocuparse polo ambiente é preocuparse polo futuro e a calidade de vida de cada un. Con estas charlas os nosos veciños poderán comprobar de primeira man cal é a situación actual en materia de prevención de incendios e así recibir toda a información necesaria para previr lumes"

*