martes, 14 de septiembre de 2010

Satisfacción entre os populares polo investimento da Xunta nos CEIP Castelao e Mesón do Vento

Estrella Vázquez visitou esta tarde os traballos executados no CEIP Castelao, que permitiron a renovación integral dos baños da primeira planta e a construcción dun baño de discapacitados

A Xestora do PP de Ordes informa hoxe de que as obras por valor de 120.000 euros executadas pola Xunta de Galicia durante este verán nos CEIP Castelao e Mesón do Vento "remataron en prazo e permiten que os dous centros inicien o novo curso escolar con instalacións renovadas e acordes coas súas necesidades".


Así o constatou esta tarde a presidenta da xestora local, Estrella Vázquez , ao visitar as melloras levadas a cabo no CEIP Castelao por un importe de 60.000 euros. Ademais da renovación integral dos baños da primeira planta e a construcción dun baño de discapacitdos, previstas no proxecto inicial, a actuación incluíu, tamén, o pintado das pareces e as portas do corredor central do colexio.

No CEIP Mesón do Vento, informan os populares, o investimento doutros 60.000 euros "permitiu remodelar a cociña do centro para adaptalas aos novos requerimentos de aplicación para este tipo de instalacións".


A frase de Estrella Vázquez, presidenta da Xestora do PP de Ordes
"Este investimento fora acordado en maio pasado, nunha reunión celebrada entre a presidenta da xestora local do Partido Popular coa xefa territorial de Educación na Coruña, á vista da pasividade amosada polo Concello de Ordes en relación coas necesidades dos centros educativos do municipio".

*