Todos aqueles que estean interesados en inscribirse poderán facelo do 13 ao 24 de setembro
A Escola Municipal de Música de Ordes dará comenzo a un novo curso académico o próximo día 4 de outubro. Como en anos anteriores, dende a escola continuaranse impartindo coñecementos de solfeo e clases de diferentes instrumentos como guitarra, trompeta, clarinete, saxofón, oboe, frauta, batería- percusión, trombón, tuba e bombardino.
Para todos aqueles que estean interesados en participar, a partir dos sete anos de idade, o prazo de inscrición estará aberto do 13 ao 24 de setembro no Departamento de Educación, Mocidade e Discapacidade do Concello de Ordes en horario de 9 a 14 horas, lugar onde tamén se poderá solicitar información ou realizar calquera consulta.
As prazas ofertadas por cada instrumento serán limitadas, polo que o criterio a seguir será por rigorosa orde de inscrición, podendo matricularse cada participante nun só instrumento.