No curso, que ten lugar no Centro Agrario Comarcal de Mesón do Vento, participan 15 persoas
Co este novo curso, xa son máis de 60 as persoas desempregadas formadas polo Concello con vistas á súa inserción laboral
O Centro Agrario Comarcal de Mesón do Vento está sendo o escenario da celebración dun curso enmarcado dentro da programación de accións formativas dirixidas prioritariamente para persoas traballadoras desempregadas da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia.
Concretamente trátase dun curso de atención especializada para enfermos de alzheimer no que participan 15 persoas desempregadas, que daba comenzo o pasado luns 30 de agosto e que se prolongará ata o próximo 9 de novembro, constando de 275 horas lectivas.
O obxectivo deste curso é a formación dos desempregados para facilitar a súa posterior inserción laboral, tal e como explicaron dende o goberno local ordense. Esta iniciativa súmase a outras que se están a levar a cabo no municipio como son o curso de atención sociosanitaria no que están a participar outras 15 desempregadas, ou o curso de socorrista acuático con outros 15 participantes tamén desempregados.
Tamén dirixido a desempregados, o municipio ordense está levando a cabo un curso sobre enerxía térmica, enmarcado dentro do Proxecto Rede Xiana da Deputación da Coruña. Neste curso, que servirá ademais como apoio para conseguir o certificado de profesionalidade, participan 18 persoas.
Que é o alzheimer?
Podes coñecer a realidade desta enfermidade na seguinte reportaxe de Canal Sur:
*