Preto dunha vintena de comercios ordenses participarán esta fin de semana na 2ª Feira de Saldos
Está organizada polo Concello e a Asociación de Comerciantes de Ordes
O Concello e a Asociación de Comerciantes de Ordes teñen todo preparado para celebrar durante esta fin de semana a segunda edición da Feira de Saldos do municipio. Unha nova edición desta feira que contará coa participación de preto dunha vintena de establecementos comerciais da vila que traerán ata a carpa que estará instalada na Alameda de Ordes os seus mellores productos a baixo prezo.
Como na edición pasada, nesta ocasión estarán representados na feira diferentes sectores como o calzado, o textil, a moda tanto para nenos como para maiores, a artesanía, os xoguetes e demais que farán da Alameda ordense un gran centro comercial durante as xornadas do sábado e o domingo, no que a calidade dos productos a baixo prezo será a protagonista.
O recinto estará aberto tanto o sábado día 11 como o domingo 12 dende as 11 da mañá ata as 22 horas initerrumpidamente.
A frase de Xosé Manuel Tobío, concelleiro de Mercados de Ordes"Esperamos contar co mesmo éxito da edición do ano pasado, para o que animo tanto a veciños como a visitantes a que acudan a Ordes esta fin de semana para coñecer a calidade do noso comercio”
*