sábado, 25 de septiembre de 2010

O grupo municipal popular reclama a limpeza das cunetas en todas as pistas do municipio

Alertan do risco de propagación de incendios forestais pola "deixadez" do goberno municipal

O Grupo Municipal do Partido Popular ven de anunciar que presentará no vindeiro pleno municipal, unha iniciativa para instar ao Goberno local a que axilice os traballos de limpeza das cunetas nas pistas e camiños do Concello, dado o retraso que acumulan estes traballos.


Esta demanda do Partido Popular é consecuencia das numerosas queixas formuladas por veciños das diferentes aldeas e parroquias do Concello, polas que aínda non pasou a desbrozadora municipal. A falta de limpeza de cunetas afecta tanto a pistas asfaltadas como a camiños secundarios que dan acceso a fincas.

Os camiños actuarían de cortalumes
Desde o grupo municipal do PP advirten que a deixadez do goberno está a incrementar o risco de propagación dos incendios forestais. Sucede especialmente en numerosas pistas de zonas de concentración parcelaria, nas que a louza atravesa os camiños, dificultando o tránsito de vehículos, pero incrementando tamén o perigo de incendio. Se os camiños estivesen limpos, alertan dende o PP, actuarían de cortalumes no caso de que se produciuse esta eventualidade.

*